Diseña tu moda
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe ten como eixe principal o Entroido, e as prendas que se usan nesta festa. A través dela, trabállanse os conceptos de proporcionalidade numérica, porcentaxes e escalas, co estudo de patróns de distintas prendas, e as actividades desenvoltas nunha xastrería. O reto proposto ao alumnado é deseñar o disfrace.