Camiñamos, aprendemos e non nos perdemos
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
O recurso está deseñado para aproximar o alumnado ao coñecemento básico do planeta Terra. A través do reto presentado na situación de aprendizaxe, poderán achegarse ao coñecemento dos movementos da Terra e da súa representación, poderán aprender a localizar un punto no espazo mediante o emprego das coordenadas xeográficas e tamén terán ocasión de coñecer as formas do relevo terrestre, a súa formación e a súa transformación.