Ei, saio na tele!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 8 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe está deseñada para traballar co alumnado os medios de comunicación. Partiremos de problemáticas próximas ao alumnado que deberán recoller e comunicar empregando diferentes vías de comunicación.
A proposta do reto fomentará a creatividade e consitirá en que nenos e as nenas creen o seu propio medio de comunicació, unha plataforma dixital na que o alumnado sexa o protagonista e poida expresarse e falar das cousas que lle importan.