Proxecto BauGal_LINGUA_ODE 3_ O mellor de cada casa
Todos os días recibimos información: nas redes, na tele, no móbil, nas conversas da clase... pero sabemos quen está detrás do que lemos ou escoitamos? Podemos fiarnos de todo o que circula nos medios de comunicación?
En "O mellor de cada casa" imos poñerlle voz a esas mulleres que fixeron cousas importantes… pero que foron esquecidas. E imos facelo como se fai no xornalismo: investigando, escribindo, entrevistando e compartindo a información.
Aprenderemos como funciona unha noticia, que é unha reportaxe, como se fai unha entrevista... e tamén como saber se unha información é verdadeira ou enganosa, pois xa sabedes que a través das redes sociais circulan moitas noticias falsas.
O reto final será facerlle unha entrevista real a alguén da nosa comunidade para defender que un espazo público leve o nome dunha muller.
*Este ODE pode traballarse de xeito interdisciplinar co creado co mesmo nome para a materia de Tecnoloxía.