Superheroes da democracia
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 4- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Ciencias Sociais de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida traballa co alumnado a importancia de coñecer o papel que desempeñan os superheroes da democracia, todos os cidadáns e cidadás, na sociedade. Así traballaranse os contidos relacionados con aprender sobre os seus dereitos e os seus deberes, fomentar a participación cidadá e xerar un sentido crítico sobre a importancia de vivir nunha democracia.
O reto será deseñar e construír entre toda a clase un “Consello da Infancia” despois de coñecer como funcionan os mecanismos da democracia e deberá identificar as necesidades e as propostas de mellora do seu centro educativo así como as persoas e órganos responsables de poder solucionalas.