Proxecto BauGal_Tecno_ODE1: O mundo que habitamos
Secuencia introdutoria do proxecto de arquitectura bioclimática BauGal. Neste ODE aprendemos o que é a arquitectura e o urbanismo e a relación que gardan coa tecnoloxía e coa consecución dos ODS da Axenda 2030.
Os obxectivos son:
- Comprender a relación entre vivenda, clima e paisaxe, recoñecendo a influencia das condicións ambientais no deseño arquitectónico.
- Coñecer os elementos estruturais dunha vivenda, nomeadamente os galegos, e os factores que garanten confort e saúde.
- Executar unha tarefa competencial (e opcionalmente interdisciplinar) consistente en realizar un informe para un muro colaborativo dixital. Implica facer unha investigación, realizar unha xeolocalización, redactar un informe, publicalo e expoñer o resultado.
Trátase dun ODE sinxelo que non require ter coñecementos previos e pode ser empregado noutros proxectos escolares como os propios de Proxecto Competencial.