Este cole é un teatro
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 elaborado no proxecto cREAgal para a área de Música e Danza de 6º de Educación Primaria. Os contidos tratados están relacionados coa música dramática, tanto desde o aspecto puramente musical, como desde unha perspectiva estrutural dun teatro e as principais profesións asociadas a calquera representación teatral, dando resposta á Unidade Didáctica 1 PROENS e parte da Unidade Didáctica 4.
Esta situación de aprendizaxe introduce ao alumnado na música dramática. Logo de repasar a clasificación das voces preséntanse a ópera, a zarzuela e o musical así como as profesións ligadas á música escénica. O reto que se propón é a creación dun vídeo informativo por parte do alumnado onde debe explicar todo o aprendido. Este vídeo será presentado aos demais grupos do colexio nunha estrea organizada polo propio alumnado.