El Mathington Post

Visto: 301 veces
Votos
Media: 5 (3 votos)

28/08/2025

Portada do REA5 para a materia de Matemáticas de 2º de ESO

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Matemáticas de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Nesta situación de aprendizaxe, o alumnado explora o concepto de función matemática aplicado á análise e interpretación de información publicada en medios de comunicación. O REA integra conceptos como identificar as variables dependente e independente dunha función sinxela (expresada alxebricamente, como gráfica, como táboa ou a través dun texto), resolver ecuacións de primeiro e segundo grao, e elaborar, analizar e interpretar gráficas de funcións.

O reto consiste en elaborar un artigo periodístico, nun contexto real e de interese para o alumnado, no que a utilización de funcións enriqueza ese traballo. Cada equipo deberá seleccionar un tema de actualidade, recoller datos relevantes, representar a evolución temporal mediante funcións (gráficas, táboas, expresións alxébricas) e redactar un artigo que integre a interpretación matemática coa narrativa periodística.

Guía didáctica

El Mathington Post

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (3 votos)
2025-08-28
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego