El tiempo en tu mochila
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Matemáticas de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida pretende que o alumnado integre nos seus coñecementos unha parte dos bloques dos sentidos estocástico e socioafectivo do currículo de 2º de ESO mediante a posta en valor do Camiño de Santiago e da estatística, analizando datos de estacións meteorolóxicas de distintos tramos obtidos da web de MeteoGalicia.
A situación de aprendizaxe utiliza o Camiño de Santiago como fío condutor. O REA propón a análise de datos reais procedentes de estacións meteorolóxicas de distintos tramos do Camiño, obtidos da web de MeteoGalicia. O alumnado aprende a recoller, organizar e interpretar datos estatísticos (temperaturas, precipitacións, vento), a calcular medidas de tendencia central e dispersión, e a representar a información mediante gráficas apropiadas.
O reto consiste na elaboración dun estudo estatístico sobre datos meteorolóxicos do Camiño de Santiago e a creación dun pódcast para difundir as conclusións. Cada equipo deberá analizar variables climáticas relevantes para os peregrinos, elaborar representacións gráficas e calcular indicadores estatísticos significativos.