Entramos en materia
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 4- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Ciencias da Natureza de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe baséase no conto do ovo Humpty Dumpty e a plicación do método científico para realizar un experimento.O alumnado utilizará coñecementos previamente traballados sobre as propiedades e características da materia e enerxía, entre os que se atopan a densidade, a flotabilidade, os cambios de estado e as fontes de enerxía, entre outros.
O reto será a creación dun prototipo capaz de evitar que un ovo escache ao caer en condicións axeitadas dun estudo científico.