¡Asómbrate!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 9- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe céntrase na creación de historias e a difusión delas en diferentes culturas e especialmente as creadas por mulleres. O alumnado traballará e reflexionará sobre contidos de comunicación oral e escrita, alfabetización mediática e educación literaria.
O reto consistirá na creación dun conto e a súa representación coa técnica do teatro de sombras, elaborando as súas propias siluetas que representen os personaxes do conto e diferentes obxectos que interveñen nel.