Activa modo diversiÓN

Visto: 281 veces
Votos
Media: 5 (4 votos)

28/08/2025

Portada do REA2 para a área de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 9- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe céntrase na historia dun personaxe, Grisán, que guiará o alumnado nunha aventura na que terá que empregar o pensamento crítico ante o uso de dispositivos electrónicos, valorar o legado cultural a través dos xogos populares, e mellorar a súa ortografía e gramática, que lle permitirán elaborar textos instrutivos de maior calidade.
O reto final consiste en que o alumnado deberá deseñar un xogo para dinamizar o patio escolar, cun manual de xogo. Para iso, rescatarán xogos populares -valorando a riqueza cultural da contorna próxima e do mundo, en xeral- e crearán os seus propios xogos que compartirán no recreo, elaborando un produto final relacionado co seu propio centro.

Guía didáctica

Activa modo diversiÓN

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (4 votos)
2025-08-28
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego