Salva o cole, salva o planeta!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 4- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Ciencias Sociais de 5º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe desenvólvese arredor do lema Salva o cole, salva o planeta!, situando ao alumnado nun contexto de investigación para comprender a influencia das accións humanas nos cambios ambientais. Partindo dos coñecementos previos sobre a Terra e as súas representacións, o alumnado aprende a interpretar climogramas e outros organizadores de datos, desenvolvendo o pensamento crítico e a capacidade de extraer conclusións a partir de información científica.
O reto consiste en planificar e implementar unha campaña de concienciación sobre o cambio climático, destinada ao alumnado do centro e á comunidade educativa en xeral. Os equipos poderán crear materiais divulgativos como carteis, vídeos, pódcast ou presentacións dixitais.