Warhol, e ti de quen vés sendo?
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 3- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Educación Plástica e Visual de 5º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe consiste nunha investigación sobre a obra de Andy Warhol para descubrir como sería a produción artística deste autor se estivera centrada en Galicia. O alumnado iníciase no coñecemento da vida de Andy Warhol como máximo expoñente da Arte Pop, explorando as súas técnicas características (serigrafía, repetición de imaxes, uso de cores vibrantes e contrastadas). O uso deste autor como eixe central da situación de aprendizaxe ven determinado polo modelo de programación Proens.
O reto consiste na elaboración dun documental sobre Andy Warhol. Incluiranse creacións artísticas do alumnado relacionadas coas conmemoracións do primeiro trimestre (Samaín, Magosto ou Nadal).