A la caza de figuras geométricas
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 5º de Educación Primaria.
Nesta situación de aprendizaxe, o alumnado convértese en "cazador de figuras" da súa contorna, identificando e clasificando figuras planas e corpos xeométricos. Recóllense actividades de observación, rexistro e análise das propiedades de elementos xeométricos (lados, vértices, caras, arestas), así como a súa representación gráfica. Trabállanse conceptos de xeometría descritiva, simetría, clasificación de polígonos e poliedros, e a relación entre formas xeométricas e obxectos reais.
O reto consiste en elaborar e presentar un "Catálogo de figuras xeométricas" recollidas na contorna próxima. Cada equipo deberá documentar as figuras atopadas mediante fotografías, debuxos ou descricións, clasificándoas segundo as súas propiedades e explicando a súa presenza na zona.