Un viaje matemático por el reino animal
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 5º de Educación Primaria.
Esta situación de aprendizaxe toma como fío condutor a curiosidade do alumnado polo reino animal. As alumnas e os alumnos exploran as magnitudes fundamentais: lonxitude, masa, capacidade, superficie, tempo, ángulos e temperatura. Existen propostas de actividades de medición, estimación e conversión entre unidades do sistema métrico decimal, aplicadas á investigación de características de diferentes especies animais.
O reto final é a creación dun álbum común de cromos de animais, onde cada equipo elaborará fichas técnicas con datos medidos e calculados (peso, tamaño, capacidade, temperatura corporal etc.). O produto debe integrar información precisa, representacións gráficas das medidas e unha presentación creativa dos resultados.