¿Cuánto cuesta una casa?
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 5º de Educación Primaria.
O alumnado sitúase nun contexto realista de simulación inmobiliaria, onde debe manexar números de ata seis cifras para analizar prezos de vivendas e comparar valores de mercado. A situación de aprendizaxe desenvólvese mediante a observación de datos reais, para aprender a clasificar información numérica, comprender o valor posicional das cifras e aplicar operacións básicas (multiplicación e división) para calcular prezos por metro cadrado. Trabállanse tamén estratexias de redondeo, comparación de cantidades e interpretación de mapas, integrando o sentido numérico e alxébrico nunha proposta colaborativa.
O reto principal consiste en elaborar e presentar un "Mapa de prezos" inmobiliario dunha zona determinada. Cada equipo deberá investigar, organizar e representar graficamente datos sobre o custo da vivenda, aplicando os coñecementos adquiridos sobre números grandes, operacións aritméticas e interpretación de lendas cartográficas.