As novas dámolas nós
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 5º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe céntrase na necesidade de recoller as novas do centro, con información contrastada e a posibilidade de rexistrar comentarios sobre as noticias. Explóranse distintas tipoloxías orais (expositivos, instrutivos, debates) e escritas (descritivos, literarios, de opinión), traballando estratexias de coherencia, cohesión, pronuncia e entoación. Intégranse contidos sobre o uso responsable das redes sociais, técnicas de busca e valoración de información, e o aproveitamento de bibliotecas físicas e dixitais. No ámbito gramatical, afóndase nos adxectivos, prefixos, sufixos e hiatos, sempre en contexto comunicativo real.
O reto é a publicación dunha pequena revista escolar multimodal que recolla as producións de todos os equipos. Cada grupo elaborará un texto expositivo sobre un tema de interese, integrando elementos escritos, orais, visuais e gravacións. A revista deberá ter unha liña editorial definida, unha maquetaxe coidada e unha distribución planificada dentro do centro.