La energía y su impacto ambiental
Esta é a unidade 4 dun conxunto de catro ODE que forman o proxecto Baixo a lupa da ciencia. A súa secuencia de materiais está deseñada para desenvolver contidos da materia de física e química, dirixidos principalmente para o nivel de 4º ESO.
Os contidos deste ODE están estruturados en torno á temática da enerxía e do impacto ambiental das fontes de enerxía. Preséntanse de maneira teórica e aplicada, con casos de estudo de situacións reais, actividades manipulables e prácticas de laboratorio. Preténdese con este ODE tanto a aprendizaxe de contidos curriculares como a aprendizaxe de destrezas de traballo transversais, tales como a planificación e o traballo en equipo, polo que se propón un proxecto de investigación relacionado co consumo enerxético no fogar.
Os contidos traballados son:
- A enerxía e as súas características principais.
- Formas de enerxía.
- Unidades de enerxía e equivalencias entre elas.
- Principio de conservación da enerxía.
- Cálculo e relación entre as enerxías mecánica, cinética e potencial.
- Fontes de enerxía renovables e non renovables.
- Impacto ambiental das fontes de enerxía.
- Valoración da contribución dalgunhas figuras científicas á sociedade.
- Elaboración dun proxecto en grupo.