Uso e transformación da enerxía
Unidade didáctica 5 para o módulo 4 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Os contidos desta unidade tratan sobre a enerxía en todas as súas formas. Analízase o traballo como un mecanismo de transferencia de enerxía, e a potencia como a rapidez coa que se fai un traballo, así como a aplicación do principio de conservación da enerxía mecánica en situacións sinxelas e na resolución de problemas numéricos. Revísase o concepto de magnitudes inversamente proporcionais para chegar a describir a función de proporcionalidade inversa, a súa gráfica e as súas características xerais.
Ámbito Científico-Tecnolóxico