English Across the Curriculum II (unit3): Art
"Art" é unha unidade didáctica creada por Juan Bautista Ramos Saíñas durante un período de licenza por estudos concedida pola consellería de educación da Xunta de Galicia para o curso 2018-19.
Destinatarios: centrada nos contidos propios de 3º da ESO, serve como consolidación e/ou introdución a novos coñecementos sobre os temas aquí tratados.
Materias, contidos e competencias básicas: abrangue contidos propios das áreas de Lingua Inglesa, Xeografía e Historia, Plástica e Matemáticas. Na unidade trabállanse as catro destrezas necesarias para a adquisición dunha lingua estranxeira (Comprensión oral, comprensión escrita, produción oral e produción escrita) así como conceptos máis propios de temas transversais como o traballo en equip