Visita guiada ao noso patrimonio
Visto: 0 veces
Votos
2025-11-20
Imaxe
Este REA (Recurso educativo aberto) ofrece ao alumnado o reto de crear unha exposición escolar empregando a metodoloxía de proxectos. Está composto de dez situacións de aprendizaxe diferentes que abarcan momentos distintos deste proceso, que poden ser abordados tamén de maneira illada. Busca a integración de diversos elementos dixitais na súa elaboración coa pretensión de crear unha exposición interactiva que resulte interesante para a comunidade. Está enfocada á posta en valor de elementos patrimoniais da contorna aínda que pode ser adaptada a contextos científicos ou doutra índole. No deseño e preparación, o alumnado terá a oportunidade de traballar con ferramentas dixitais de distinta complexidade en función da intencionalidade docente.
Ficheiros relacionados
Arbol
Galego