Antropoloxía - 1º de Bacharelato
Vinculos o programa de antropoloxía de 1º Bacharelato na aula virtual do Ies San Clemente, para poder descargar e empregar en outra aula virtual.
Vinculos o programa de antropoloxía de 1º Bacharelato na aula virtual do Ies San Clemente, para poder descargar e empregar en outra aula virtual.
Unidade didáctica de Antropoloxía de 1º de Bacharelato a distancia elaborada polo IES San Clemente
Unidade didáctica de Antropoloxía
Unha cultura é un contexto onde se producen símbolos e se utilizan. Todo nas culturas “significa”, os actos que facemos os individuos teñen significados, os actos que vemos noutros teñen significados, os obxectos da cultura significan cousas, e comprender unha cultura significa comprender estes significados.
A pregunta sobre a existencia dunha natureza humana fai referencia a aquilo que todos temos en común (a esencia, aquilo que é propiedad característica do ser humano, o que nos define como propiamente humanos). Este concepto encerra sen embargo moitas dificultades, e ten dado lugar a interpretacións tan variadas e a polémicas tan inacabables que, antes de pronunciarnos acerca da “naturaleza humana” (se é que realmente existe) faise necesario precisar que é o que podemos esperar deste concepto.
A reflexión sobre a natureza humana ten unha longa tradición no pensamento occidental. Mentres algúns autores trataron de fundamentar nela normas e comportamentos, outros moitos pensaron que os humanos carecemos dunha natureza definida. Na actualidade, o naturalismo evolucionista estase a impoñer no pensamento científico e na filosofía cercana á ciencia.
As culturas e elementos cuturais poden entenderse mellor nun marco que as explique como causas e efectos das condicións histíricas e trate as diferentes comunidades en tanto que axentes ou victimas de determinados procesos, por exemplo, de expansión política ou económica, noutrora vencellados á presenza dos colonizadores e hoxe á expansión da política económica neoliberal que explica a globalización.
Na nosa sociedade a palabra economía fainos pensar nos termos de beneficio e rendibilidade, en todas aquelas cousas que adquirimos con diñeiro (alimentos, vestidos, vivendas, xoias, billetes de avión, prazas nun hotel, libros, discos, etc) Pensamos tamén en todo o que facemos para lograr ter ese diñeiro ( estudar e formarnos para conseguir un posto de traballo, traballar varias horas cada xornada, investir o diñeiro aforrado…\).
Un todo complexo que inclúe coñecementos, crenzas, arte, moral, lei, costume e toda serie de capacidades e hábitos que o ser humano adquire en tanto que forma parte dunha sociedade dada.
Unidade didáctica de Antropoloxía de 1º de Bacharelato a distancia elaborada polo IES San Clemente. A importancia da linguaxe na definición de cultura. O ser humano definido como animal simbólico. A comunicación animal e a comunicación humana. O símbolo como mediación. Linguaxe e xerarquías. Linguaxe e pensamento. O estudo da linguaxe como elemento cultural.