U-la chave do tesouro?

Visto: 0 veces
2023-04-17

O presente Obxecto Dixital Educativo (ODE) é unha ferramenta interactiva e multimedia multiplataforma, coa que o alumnado pode mellorar e afianzar o seu coñecemento do léxico. Isto redundará na mellora da competencia da lingua, tanto oral como escrita, no coñecemento da propia identidade e no goce da literatura.

Aurea dicta

Visto: 0 veces
2017-05-23

Calendario de conmemoracións que se desenvolven ao longo do curso académico, á que se lle engade un Aurea dicta, é dicir, un dito de ouro, unha frase lapidaria, breve e sincrética que invite ao profesorado e ao alumnado a unha reflexión máis ou menos profunda.