Filosofía e Cidadanía - 1º de Bacharelato

Visto: 0 veces
2013-06-27

Aula virtual co programa de 1º de Bacharelato a distancia elaborada no IES San Clemente. Clicando na imaxe que aparece cando lle dades a visualizar, descargarase a copia de respaldo para instalar no Moodle 1.8.6 do voso centro. Se -pola contra- pulsades en "descargar", hai que descomprimir o arquivo baixado e buscar na carpeta contidos_files o zip para instalar na aula virtual.

A idea de cidadanía

Visto: 0 veces
2013-06-27

A idea de cidadanía expresa fundamentalmente un tipo de vínculo do individuo coa comunidade política á que pertence, e que lle serve para identificarse. Pero a identidade política do cidadán úneo aos demais cidadáns nunha relación de igualdade, á vez que o separa e o distancia dos non-cidadáns a modo de “fronteira” de inclusión/exclusión. Esta dialéctica entre cidadáns e non-cidadáns é importante para entender moitos dos conflitos e loitas socio-políticas tanto do pasado coma do presente.