Curso de Grego I

Visto: 96 veces
Votos
Media: 2 (3 votos)

22/04/2024

Portada do curso Grego I

Este recurso comprende 12 unidades didácticas, formadas cada unha delas por aspectos correspondentes aos diferentes bloques do currículo da materia de Grego I (1º Bacharelato). Cada unidade didáctica componse dos seguintes apartados:

1. Lectura guiada de textos da Grecia clásica

2. Contidos culturais: históricos, sociais e culturais do mundo helénico

3. Aspectos de morfoloxía

4. Aspectos de sintaxe

5. A práctica da tradución, onde se propoñen diversos métodos para a correcta interpretación dos textos gregos e a retroversión do galego ao grego

6. Aspectos léxicos, referidos aos mecanismos de derivación, enriquecemento do vocabulario e helenismos do galego

7. A herdanza cultural, onde se analiza e valora de xeito crítico a pegada da Grecia clásica no mundo actual

8. Actividades, polas que a/o estudante dispón da oportunidade de avaliar o seu propio proceso de aprendizaxe. Cada apartado individual presenta actividades e tarefas apropiadas para o desenvolvemento dos contidos e competencias traballadas en cada apartado, especialmente deseñadas para favorecer tamén as competencias dixitais e de traballo en colaboración. As actividades ofrecen ademais os mecanismos de retroalimentación e autoavaliación que brindan determinadas ferramentas (iDevices) da do sistema eXelearning. Independentemente destas, cada actividade posúe a propia folla de autocorrección, para que a/o estudante autónomo poda comprobar con seguridade os avances do seu traballo.

Destaca o papel desempeñado polos vídeos didácticos interactivos que atinxen os aspectos máis esenciais e importantes do currículo. Cada unidade didáctica consta sistematicamente de varios contidos de vídeo en formato .mp4 que permite a súa visualización en diversos soportes, como ordenadores, tablets e mesmo teléfonos móbiles. 

Curso de Grego I

Visto: 0 veces
Votos
Media: 2 (3 votos)
2024-04-22
Imaxe

Categoría personalizada
Grego
Galego