Tratamento de diapositivas (Openoffice.org Impress)

Visto: 0 veces
2013-06-27

Unidade didáctica de Tecnoloxías da información e da comunicación de 1º de Bacharelato a distancia elaborada polo IES San Clemente, sobre impress que é o programa de presentacións incluído no paquete OpenOffice. Como outros programas de presentacións semellantes, admite a posibilidade de realizar presentacións en diferentes soportes, aínda que a máis común é a presentación en pantalla.

Estadística

Visto: 0 veces
2013-05-02

Unidade didáctica sobre cuestións estatísticas para 3º da ESO: poboación, mostra, tipos de datos, agrupamentos, frecuencias, marca de clase, gráficas de barras, gráfica de sectores, histograma, media, moda, mediana, cuartil, percentil, dispersión, percorrido ou amplitude de rango, desviación típica, parámetros de posición, experimentos aleatorios, sucesos, e operacións con sucesos.

Tempus fugit

Visto: 0 veces
2012-06-19

Tempus fugit é un paquete de táboas cronolóxicas e actividades ou xogos deseñados para facilitarlle ao alumnado a adquisición dun esquema temporal da Filosofía, da Ciencia, da Economía, da Historia, da Literatura, da Arte e da Música. Tempus fugit aporta ferramentas para integrar as TIC nas aulas de ESO e Bacharelato.