Pasaporte emocional. Diario de viaxe

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Inglés

Descrición: Contido interactivo que permite ao alumnado crear o seu propio diario de viaxe rexistrando as súas experiencias nas distintas paradas da iniciativa Pasaporte emocional. A narrativa dunha viaxe emocionante e a creación dinámica do diario, que recolle as preferencias de cada persoa no seu deseño (cor, fotografías etc.), motivan ao alumnado a anotar un breve resumo co que se queda de cada destino, contribuíndo así á asimilación do coñecemento adquirido e a súa expresión escrita.  

Autocoidado emocional. Sorteo de autoagasallos

Visto: 0 veces
2024-03-27

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Pílula interactiva que promove a adquisición de rutinas de autocoidado entre o alumnado a través dunha dinámica na que cada estudante elaborará unha lista propia de pequenos regalos que facerse no día a día. Posteriormente e durante unha semana, o alumnado entrará no contido para atopar un regalo diferente e aleatorio da súa lista que terá que desfrutar ao longo do día.

Tipo de recursos: 

Pasaporte emocional. Viaxe emocionante (EP)

Visto: 0 veces
2023-01-26

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que permite ao alumnado traballar distintas competencias emocionais, intrapersoais e sociais a partir dunha viaxe a distintos escenarios reais nos que irá superando retos. ​Emprégase a arte, a historia e a narrativa para profundar no traballo introspectivo do alumnado, así como para fomentar debate e pensamento crítico.

Tipo de recursos: 

Laboratorio Xeométrico. Visión holográfica 

Visto: 0 veces
2022-11-15

Materia: Matemáticas

Descrición: Contido audiovisual interactivo baseado en hologramas que permite a visualización en 3D e en movemento de figuras xeométricas, dos seus elementos interiores e da animación dos seus despregues. Acompáñase dunha guía para a creación manual da pirámide holográfica que permite a proxección dos hologramas. Esta pirámide pode construirse de forma sinxela con elementos reciclados.

Tipo de recursos: 

  • Visor holográfico.

Número de sesións estimadas: 1.

Cálculo de volumes. Cociña Xeométrica

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Matemáticas

Descrición: Contido dinámico que permite iniciar ao alumnado no cálculo de volumes das figuras xeométricas a través da elaboración de comidas con formas xeométricas, seguindo paso a paso a súa receita para comprender o proceso de cálculo de volumes. 
Trabállase as fórmulas matemáticas, os elementos das figuras que interveñen no cálculo e as unidades para os seguintes corpos xeométricos: prisma triangular, prisma pentagonal, prisma hexagonal, pirámide cuadrangular, cono, cilindro e esfera.