Autocoidado emocional. Sorteo de autoagasallos

Visto: 0 veces
2024-03-27

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Pílula interactiva que promove a adquisición de rutinas de autocoidado entre o alumnado a través dunha dinámica na que cada estudante elaborará unha lista propia de pequenos regalos que facerse no día a día. Posteriormente e durante unha semana, o alumnado entrará no contido para atopar un regalo diferente e aleatorio da súa lista que terá que desfrutar ao longo do día.

Tipo de recursos: 

Misión Sistema Solar. Os planetas (Visión holográfica)

Visto: 0 veces
2023-07-14

Materia: Ciencias Sociais

Descrición: Contido audiovisual e interactivo baseado en hologramas que permite a visualización en 3D dos planetas, da súa correspondente rotación e do seu xiro sobre o seu propio eixe. Acompáñase dunha guía para a creación manual da pirámide holográfica que permite a proxección dos hologramas. Esta pirámide pódese realizar de forma sinxela con elementos reciclados. 

Tipo de recursos: 

  • Visor holográfico.

Número de sesións estimadas: 1.

Os días D e as Semanas S: "Día Mundial do Medio Ambiente"

Visto: 0 veces
2023-03-20

Secuencia Didáctica para traballar a conmemoración oficial do "Día Mundial do Medio Ambiente" (5 de xuño). Está formada por unha folla de ruta, un caderno de traballo, glosario, propostas de traballo cooperativo ou colaborativo, unha webquest, actividades de motivación e ampliación, como avaliar a secuencia didáctica e ligazóns a outros recursos na rede.

Os días D e as Semanas S: "Semana da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia"

Visto: 0 veces
2023-03-17

Secuencia Didáctica para traballar a conmemoración oficial do "Semana da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia" (6 de decembro). Está formada por unha folla de ruta, un caderno de traballo, glosario, propostas de traballo cooperativo ou colaborativo, unha webquest, actividades de motivación e ampliación, como avaliar a secuencia didáctica e ligazóns a outros recursos na rede.

Pasaporte emocional. Viaxe emocionante (EP)

Visto: 0 veces
2023-01-26

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que permite ao alumnado traballar distintas competencias emocionais, intrapersoais e sociais a partir dunha viaxe a distintos escenarios reais nos que irá superando retos. ​Emprégase a arte, a historia e a narrativa para profundar no traballo introspectivo do alumnado, así como para fomentar debate e pensamento crítico.

Tipo de recursos: 

Idade Media. O torneo do século

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Ciencias Sociais

Descrición: Contido dinámico que introduce a Idade Media a partir da figura do cabaleiro Ruy Paez de Biedma. Combina actividades de investigación e escenarios de Scape Room para dar a coñecer a estrutura social, o estilo de vida dos diferentes estamentos e as partes do castelo nesa época, ao tempo que se traballa o cómic como xénero narrativo.

Tipo de recursos: 

Idade Media. Inventos medievais

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Ciencias Sociais

Descrición: Contido dinámico que promove a aprendizaxe dos inventos da Idade Media e o seu impacto na actualidade a través de experiencias de investigación e creatividade.
O contido achega inventos tan relevantes como as lentes, a imprenta ou a pólvora e culmina coa creación colectiva dun Catálogo de inventos propios do alumnado e dun recompilatorio de contos sobre ditos inventos. 

Tipo de recursos: