Saltar navegación

Diario de aprendizaxe

Que é o diario de aprendizaxe?

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

O diario de aprendizaxe é o espazo no que irás recollendo as experiencias vividas, tanto dentro como fóra da aula, relacionadas co proceso de aprendizaxe ao longo do reto. Co seu uso desenvolverás a túa autonomía e a capacidade para reflexionar e aprender a aprender.

Deberás cubrilo segundo as indicacións do teu profesor ou da túa profesora. No diario dos saberes irás valorando o teu progreso no reto, polo que é individual. Con todo, contén algunhas actividades para facer individualmente e outras en colaboración co teu grupo.

Servirache de axuda para autoavaliarte, compartir información cos teus compañeiros e compañeiras de grupo e conseguir o reto proposto.

Lectura facilitada

O diario de aprendizaxe utilizaralo

para escribir sobre que fas e aprendes

durante este proxecto.

Debes pensar nas cousas que foron ben 

e tamén nas que non saíron como querías.

Co uso do diario aprenderás a reflexionar

sobre o teu traballo e o traballo en equipo.

Servirache de axuda para compartir información

coas túas compañeiras e compañeiros de grupo

e conseguir o reto proposto. 

Atende ás explicacións da túa profesora ou do teu profesor

sobre o que debes facer no diario de aprendizaxe.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)