3, 2, 1... Comezamos!
A Ilustración foi un movemento do século XVIII que puxo a razón no centro do pensamento. As persoas ilustradas crían que o coñecemento podía mellorar a sociedade e facer o mundo máis xusto.
As novas ideas fixeron aparecer o despotismo ilustrado, unha forma de gobernar que dicía buscar o ben do pobo, pero sen permitir a participación da cidadanía.
Neste contexto, a arte tamén cambiou. Xurdiron novos estilos como o Rococó, o Neoclasicismo e o Romanticismo, que reflectían as ideas e valores da época. Tamén destacaron artistas como Goya, cuxa obra mostra a realidade do seu tempo baixo unha óptica persoal e xenial.
Así, a Ilustración foi un período clave para o desenvolvemento do pensamento, da arte e da cultura.
E todo isto poderalo mostrar no museo itinerante do que formarás parte. Comezamos?
