Na procura do reto
Imaxina que formas parte dun equipo creativo dunha empresa que deseña exposicións e materiais didácticos para museos e centros educativos. A túa nova encarga é especialmente importante: crear un museo itinerante que percorrerá centros de secundaria para axudar a entender como as ideas da Ilustración puxeron en cuestión o Antigo Réxime e transformaron a maneira de pensar das persoas.
Lectura facilitada
Pertences a unha empresa de elaboración de materiais didácticos.
Tes que organizar un museo itinerante para institutos.
Debes desenvolver produtos didácticos para coñecer:
- A Ilustración
- As manifestacións artísticas da época
- A súa influencia nas revolucións burguesas do século XIX (dezanove).
Terás que elaborar os seguintes produtos finais en grupo: 
