Reforza a luz dos novos coñecementos

É o momento de revisar o aprendido deste Século das Luces. Adiante!
Lectura facilitada
Repasa o que sabes de economía, poboación e igualdade.
Comprenderás mellor o mundo no que vives.
Axudaravos co reto.
Adiante!

É o momento de revisar o aprendido deste Século das Luces. Adiante!
Repasa o que sabes de economía, poboación e igualdade.
Comprenderás mellor o mundo no que vives.
Axudaravos co reto.
Adiante!

Para comprender os cambios políticos do século XVIII é necesario coñecer as ideas da Ilustración e como influíron no modo de gobernar. Houbo monarcas que intentaron aplicar reformas inspiradas na razón e no progreso, dando lugar ao chamado despotismo ilustrado.
Recorda os aspectos principais que che permiten entender estas novas formas de goberno realizando algunha das seguintes actividades:
Arrastra cada tarxeta ata o seu contedor.
Le as pistas e as palabras que se perderon neste mar de letras.
Sobre un mapa de Europa, sitúa os reinos onde estivo vixente o despotismo ilustrado. Logo engade a cada reino etiquetas cos nomes dos reis ou raíñas, e coas principais reformas que impulsaron.
Fíxate no seguinte parágrafo, hai palabras que faltan. Le con atención e complétao para que teña sentido.
No século das luces, a arte converteuse nun espello das novas ideas, reflectindo cambios profundos na forma de pensar e de sentir.
Realiza algunha das seguintes actividades:
Arrastra cada tarxeta ata o seu contedor.
Para esta actividade dividimos o grupo en tres equipos.
Cada un terá asignado un movemento artístico estudado neste capítulo: Rococó, Neoclasicismo e Romanticismo.
O obxectivo é organizar un debate no que cada equipo deberá responder á pregunta: Cal é o estilo artístico máis axeitado para representar a sociedade?
Argumentarase coas características de cada movemento.
Goya foi un artista clave que soubo reflectir, coa súa obra, os cambios, as luces e as sombras da súa época.
Realiza algunha das seguintes actividades:
Une cada unha das miñas obras coa súa serie correspondente
Despois de contarche a miña vida a través das obras máis salientables, terás que indicar si as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas.
Falso
A miña produción comprende desde finais do século XVIII ata o primeiro terzo do século XIX.
Falso
Pintei para tres reis: Carlos III, Carlos IV e Fernando VII.
Verdadeiro
Verdadeiro
Verdadeiro
Falso
Retratei a nobres, reis, a ilustrados e a xentes do común.
Falso
Padecín as consecuencias da Guerra da Independencia contra Napoleón.
Verdadeiro

Despois de traballar tanto nesta fase 3, tócache facer as actividades correspondentes no teu diario de aprendizaxe.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0