Saltar navegación

4. Os novos tempos

Como podedes resolver o reto?

Despois de todo o traballado na fase 3, xa sabedes moito sobre a Ilustración, a súa crítica ao Antigo Réxime, o despotismo ilustrado e a arte deste período histórico.

Agora estades preparados e preparadas para o reto final. É o momento de demostrar o aprendido. Adiante!

Xente traballando nunha mesa


Ao comezo, na fase 1, formulábase esta situación de aprendizaxe "Imaxina que formas parte dun equipo creativo dunha empresa especializada no deseño de exposicións e materiais didácticos para museos e centros educativos. O teu novo encargo é especial: crear un museo itinerante que percorrerá institutos para axudar a comprender como as ideas da Ilustración puxeron en cuestión o Antigo Réxime e transformaron a maneira de pensar da sociedade europea."

Este museo non quere limitarse a mostrar datas e conceptos, senón que pretende contar unha historia: como a defensa da razón, da educación, do progreso e da crítica ao poder absoluto influíu tanto en persoas concretas como nas manifestacións artísticas do século XVIII e da primeira metade do século XIX. Ao mesmo tempo, tamén busca reflexionar sobre os límites e as contradicións da Ilustración, especialmente no que respecta ao papel das mulleres e ás desigualdades que permaneceron.

Como parte do equipo responsable da exposición, terás que investigar, seleccionar, interpretar e crear contidos que permitan ao público entender esa época de cambios. Para iso, poderás elixir entre tres retos diferentes, todos eles necesarios para construír o museo e todos vinculados aos mesmos temas históricos. Cada reto achega unha mirada distinta: as persoas que pensaron e gobernaron, as obras de arte que transmitiron ideas e críticas, e a creación artística como forma de expresar a Historia.

O resultado final será unha exposición colectiva, na que cada achega axudará a explicar como a arte e o pensamento ilustrado contribuíron a cuestionar o Antigo Réxime e a abrir o camiño cara ao mundo contemporáneo.

Para resolver o reto final tedes que escoller unha das actividades propostas.

Nos seguintes apartados tedes a información detallada para poder superar cada unha das opcións de reto.

Ánimo, vós podedes!

Lectura facilitada

Agora xa sabedes que é a Ilustración e como criticou ao Antigo Réxime.

Chega o reto final:
É o momento de demostrar o aprendido.

Tedes que crear un museo itinerante para institutos.

O obxectivo é explicar como a Ilustración cambiou a sociedade.
Tamén debedes tratar as súas ideas e os seus problemas, como as desigualdades.


Tedes que:

  • Investigar
  • Escoller información
  • Crear contidos


Podedes escoller entre tres actividades.

Apoio visual

Opcións no reto museo itinerante

Como se avalía o reto?

Rúbrica do reto
 ExcelenteSatisfactorioMellorableInsuficiente
Comprensión históricaExplica con claridade e rigor o contexto da Ilustración e relaciónao de maneira profunda co tema escollido. Inclúe reflexión crítica. (2)Explica correctamente o contexto e relaciónao co tema de forma adecuada. (1.5)Menciona o contexto, pero con explicación superficial ou pouco desenvolvida. (1)Menciona o contexto, pero con explicación superficial ou pouco desenvolvida. (0.5)
Relación co tema da unidade didácticaA relación entre o traballo realizado e os temas da unidade didáctica é clara, argumentada e ben xustificada. (2)A relación entre o traballo realizado e os temas da unidade didáctica é clara, argumentada e ben xustificada. (1.5)A relación aparece mencionada, pero sen explicación suficiente. (1)Non se establece relación clara cos temas traballados. (0.5)
Análise e interpretación históricaAnaliza e interpreta con profundidade o elemento traballado (persoa, obra ou creación propia), relacionándoo de maneira clara, argumentada e crítica co contexto histórico e cos principios da Ilustración. (2)Interpreta correctamente o elemento traballado e relaciónao co contexto histórico e coas ideas ilustradas de forma clara. (1.5)Realiza unha interpretación xeral, pero con explicación pouco desenvolvida ou relacións pouco claras co contexto histórico. (1)Non hai interpretación clara ou aparecen erros relevantes na relación co contexto histórico. (0.5)
Claridade e organización da informaciónClaridade e organización da información (2)Información organizada e comprensible. (1.5)Información organizada e comprensible. (1)Información organizada e comprensible. (0.5)
Información organizada e comprensibleInformación organizada e comprensible. (2)Presentación correcta e funcional. (1.5)Presentación pouco coidada ou mellorable. (1)Produto incompleto ou pouco traballado. (0.5)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica do reto (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Feito con eXeLearning (Nova xanela)