Rúbricas de avaliación
Estas son as rúbricas coas que o profesorado avaliará o teu traballo.
Estas son as rúbricas coas que o profesorado avaliará o teu traballo.
| EXPERTO (9-10) | AVANZADO (7-8) | SUFICIENTE (5-6) | ESCASO (1-4) | |
|---|---|---|---|---|
| PRESENTACIÓN | Preséntase de xeito formal. Expón o tema con claridade. Presenta o obxectivo que pretende e crea interese na audiencia. (2) | Preséntase e comeza a exposición expoñendo o tema brevemente. (1,6) | Preséntase e menciona o tema que vai tratar. (1,2) | Empeza a exposición sen facer unha presentación inicial. (0,8) |
| EXPRESIÓN (adecuación ao rexistro, coherencia e cohesión, riqueza léxica). | A expresión é correcta na sintaxe e no léxico. Utiliza un vocabulario rico e variado axeitado ao estándar e rigoroso. Percíbese un esforzo na preparación da expresión. A exposición é clara e coherente. (2) | A expresión é correcta. Percíbese preparación e ensaio da expresión. O vocabulario é axeitado pero non moi variado. Comete algúns erros puntuais na sintaxe e no vocabulario. A exposición é coherente. (1,6) | Manexa un vocabulario moi básico. Comete erros sintácticos e léxicos. Percíbese pouca preparación. A exposición enténdese pero presenta incoherencias. (1,2) | Ten un vocabulario moi básico. Presenta erros léxicos e sintácticos que non permiten percibir a mensaxe con claridade. Nótase que non hai preparación. (0,8) |
| ORALIDADE (vocalización, fluidez verbal, fonética, entoación). | Vocaliza, utiliza un volume adecuado. Fala con fluidez e pronuncia con corrección os fonemas galegos. Entoa de maneira natural e coas características propias do galego. (2) | A vocalización é clara e o volume axeitado. Comete erros na pronuncia (na entoación e nos fonemas) mais en xeral é correcta. (1,6) | A vocalización é mellorable. Ten erros de pronuncia (na entoación e nos fonemas). (1,2) | Escasa fluidez expositiva e pouca claridade. Moitas dificultades na entoación e na fonética. (0,8) |
| CONTIDO (información organizada e elaborada, dominio do tema, profundidade, fontes). | Contido amplo exposto con claridade e organización. Achega referencias e ten interiorizados os contidos. (2) | Expón con claridade. Os contidos están traballados pero non son moi amplos. Fai pouca referencias e afonda pouco. (1,6) | A información está moi pouco traballada e os contidos son escasos e tratados con mínima profundidade. (1,2) | Os contidos non están traballados, non hai organización. A información é superficial. (0,8) |
| POSTA EN ESCENA (xestualidade, postura, conexión co auditorio). | A exposición acompáñase dunha postura corporal correcta e expresiva. Mantén o contacto visual co público. O ton é axeitado. (2) | A postura é correcta. Hai problemas co control da xestualidade e co contacto visual co público. (1,6) | A postura e a xestualidade non son as adecuadas. Escaso contacto visual co público. (1,2) | A postura corporal non é correcta. A xestualidade non se adecúa ao contexto e non hai contacto visual co público. (0,8) |
| EXCELENTE (9-10) | SATISFACTORIO (7-8) | MELLORABLE (5-6) | INSUFICIENTE (1-4) | |
|---|---|---|---|---|
| PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN | Todo o grupo traballou activamente nas tarefas propostas e colaborou co resto do equipo. (2,5) | A maior parte do grupo traballou nas tarefas proposta e colaborou co resto do equipo. (2) | A metade do grupo traballou nas tarefas propostas e axudáronse entre eles. (1,50) | Só un membro do equipo (ou ningún) colaborou activamente nas tarefas propostas. Non houbo colaboración nin axuda. (1) |
| DISTRIBUCIÓN DAS TAREFAS | As tarefas repartíronse de forma equitativa entre todos os membros do equipo. (2,5) | Repartíronse equitativamente a maior parte das tarefas entre os membros do equipo. (2) | Só a metade das tarefas se repartiron de forma equitativa entre os membros do grupo. (1,50) | O reparto das tarefas foi desequilibrado e non equitativo entre os membros do grupo. (1) |
| INTERACCIÓN CO EQUIPO | Os membros do equipo expresáronse con liberdade e o equipo escoitou e analizou os diferentes puntos de vista para chegar a un acordo. (2,5) | A maior parte do equipo expresou as súas ideas libremente, escoitáronse e analizáronse os diferentes puntos de vista para chegar a un acordo. (2) | Só a metade do equipo expresou as súas ideas libremente e escoitou os diferentes puntos de vista. Chegaron a un acordo. (1,50) | Só un membro do equipo expresou as súas ideas. Non houbo diferentes puntos de vista e non se chegou a un acordo, a persoa impuxo o seu criterio. (1) |
| RESPONSABILIDADE E TRABALLO | Todos os membros do equipo traballaron as súas tarefas e cumpriron as funcións. (2,5) | A maior parte do equipo traballou as tarefas que lle corresponderon e realizou a súa función. (2) | Só a metade do equipo traballou as súas tarefas e cumpriu as súas funcións. (1,50) | Só unha persoa do equipo traballou con responsabilidade e realizou as súas funcións. (1) |
| EXCELENTE (9-10) | SATISFACTORIO (7-8) | MELLORABLE (5-6) | INSUFICIENTE (1-4) | |
|---|---|---|---|---|
| TÍTULO | O título é orixinal, creativo e moi suxestivo. Resume perfectamente a idea principal do tema. (2) | O título é creativo e suxestivo. Resume ben a idea principal do tema. (1,6) | O título resume a idea principal do tema. (1,2) | O título non resume a idea principal do tema. (0,8) |
| CONTIDO | O texto é comprensible. É fácil de seguir e utiliza un rexistro axeitado e correcto. (2) | O texto é comprensible aínda que se pode mellorar a expresión. O rexistro é axeitado pero presenta algunha incorrección. (1,6) | O borrador inclúe a maioría da información requirida e é lexible. (1,2) | Ao borrador fáltalle a información requirida e é difícil de ler. (0,8) |
| REDACCIÓN | O texto está organizado en parágrafos, con ideas detalladas e ben explicadas. Presenta unha introdución e unha conclusión. Non hai erros de gramática, ortografía e/ou puntuación. (2) | O texto está organizado en parágrafos pero as ideas non están moi detalladas. Ten unha introdución e unha conclusión correctas. Case non hai erros de gramática, ortografía e/ou puntuación. (1,6) | O texto non presenta os parágrafos necesarios. Mestura as ideas e son pouco detalladas. A introdución e a conclusión son mellorables. Presenta erros de gramática, ortografía e/ou puntuación. (1,2) | O texto está ben distribuído en parágrafos. Mestura as ideas e non as detall. A introdución e a conclusión non cumpren a súa función. Presenta moitos erros de gramática, ortografía e/ou puntuación. (0,8) |
| VOCABULARIO | O vocabulario é moi variado e con sinónimos. Non hai confusións. (2) | O vocabulario é pouco variado e presenta algunhas confusións. (1,6) | O vocabulario é escaso, non presenta sinónimos. Hai confusións. (1,2) | O vocabulario é moi pobre e incluso dificulta a comprensión. (0,8) |
| LINGUA | Fai un uso correcto da lingua e está moi traballada. Utiliza un rexistro adecuado. (2) | Fai un uso correcto da lingua e está traballada pero contén algúns erros. O rexistro é o adecuado. (1,6) | Presenta erros no uso da lingua e non está traballada. O rexistro non é o adecuado. (1,2) | O texto presenta moitos erros de lingua e non está ben traballada. O rexistro é inadecuado. (0,8) |
| EXCELENTE (9-10) | SATISFACTORIO (7-8) | MELLORABLE (5-6) | INSUFICIENTE (1-4) | |
|---|---|---|---|---|
| Deseño | A presentación é moi orixinal. A disposición dos contidos está moi clara e presenta diferentes formatos. A distribución é clara e concisa. (2,5) | A presentación é orixinal. A disposición dos contidos é clara e presenta diferentes formatos. A distribución é clara e concisa. (1,75) | A presentación é pouco orixinal. A disposición dos contidos é confusa e non varía os formatos. (1,50) | A presentación non é orixinal. A distribución dos contidos non é clara e é moi confusa. (1) |
| Estrutura | A presentación contén os apartados indicados na lista de cotexo da fase 4. (2,5) | A presentación contén a metade dos apartados indicados na lista de cotexo da fase 4. (1,75) | A presentación contén menos da metade dos apartados indicados na lista de cotexo da fase 4. (1,50) | A presentación contén menos dun terzo dos apartados indicados na lista de cotexo da fase 4. (1) |
| Contidos | As ideas expresadas están perfectamente organizadas de forma clara seguindo unha orde lóxica con coherencia e cohesión. (2,5) | As ideas expresadas están satisfactoriamente organizadas de forma clara seguindo unha orde lóxica con coherencia e cohesión. (1,75) | As ideas expresadas non están suficientemente organizadas de forma clara e non seguen unha orde lóxica con coherencia e cohesión. (1,50) | As ideas expresadas están mal organizadas e non seguen unha orde lóxica con coherencia e cohesión (1) |
| Gramática | Expresa as ideas con total claridade e aplica correctamente as regras ortográficas, gramaticais e de sintaxe. (2,5) | Expresa as ideas con suficiente claridade e aplica na maioría dos casos as regras ortográficas, gramaticais e de sintaxe. (1,75) | Non expresa as ideas con total claridade e aplica con algúns erros as regras ortográficas, gramaticais e de sintaxe. (1,50) | Non expresa as ideas con total claridade e aplica con moitos erros as regras ortográficas, gramaticais e de sintaxe. (1) |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0