E como se fai?
Para falarmos temos un aparello fonador e segundo se posicionen os órganos fonadores temos un ou outro son; os sons dependen do punto de articulación e do modo de articulación.
Comproba! Pronuncia o /n/, onde se apoia a lingua? Nos alvéolos, na parte dianteira do padal. Pero se pronunciamos o /b/ xa cambia todo e entran en xogo os beizos. Sen profundar moito, algo similar ocorre coa lingua, aínda que nos signos depende doutros condicionantes porque non entra en xogo o aparello fonador.
Para signar, para facer os signos temos que ter en conta tres variables principais:
- A configuración.
- O movemento e a dirección.
- A expresión facial/corporal.
Neste vídeo podes velo máis clariño. Preme (c) para activar/desactivar os subtítulos.
Lectura facilitada
Como producimos os sons
Para falar usamos o aparello fonador.
Segundo como coloquemos os órganos (lingua, beizos…), producimos uns sons ou outros.
Os sons dependen do lugar onde se produce o son e da forma en que se produce.
Proba a dicir o son /n/. Onde está a lingua? Está apoiada na parte dianteira do padal.
Agora di o son /b/. Que cambia? Agora tamén usamos os beizos.
Lingua de signos
Na lingua de signos non usamos o aparello fonador. Usamos as mans, o corpo e a cara.
Para facer signos, hai que ter en conta:
- Configuración: como colocamos as mans.
- Movemento e dirección: como se moven as mans e cara a onde.
- Expresión facial e corporal: que xestos facemos coa cara e co corpo.
Audio
Apoio visual
