Plurilingües!
Na clase seguro que falades ou coñecedes moitas linguas. Entre toda a clase facede unha listaxe das que sabedes falar, das que tedes na vosa contorna, das que estudades...
Saíron todas as linguas da península? Sabes saudar en todas elas?
Fai un pequeno glosario multilingüe con todas. Inclúe saúdos, días da semana e expresión básicas: grazas, perdón... Serache moi útil para o reto final. Lembra repasar para que non haxa faltas de ortografía.
Agora ti
Podes copiar esta táboa no caderno e empregala como exemplo:
| Como son? | Galego | Éuscaro | Portugués | Catalán | ... |
|---|---|---|---|---|---|
| Saúdos | Ola! | Kaixo! | Olá! | ... | ... |
| Os días da semana | Luns | ... | Segunda-feira | Dilluns | ... |
|
Grazas |
... | ... | ... | ... | ... |
|
... |
... | ... | ... | ... | ... |