Glosario
Dicionario
-
Definición:
-
Listaxe de palabras colocadas por orde alfabética en que se explica o seu significado. Poden ser en papel ou en liña.
-
Exemplo:
-
No dicionario tamén podemos coñecer os sinónimos e antónimos dunha palabra.
Definición:
Listaxe de palabras colocadas por orde alfabética en que se explica o seu significado. Poden ser en papel ou en liña.
Exemplo:
No dicionario tamén podemos coñecer os sinónimos e antónimos dunha palabra.

Eu tamén navegar! Eu tamén expoñer. Eu tamén recitar. Hai que coidar as palabras. As palabras son moi importantes. Tamén é moi importante como se din as cousas. E a colocación do corpo, as mans, a mirada...
Sabela esperta sobresaltada, pero contenta pensando en todo isto. Seguro que foi porque onte a profesora lles falou de que nesta fase tocará repasar os poemas, as exposicións orais e os dicionarios. Para lembrarlles como se recitaba, leulles un poema de Xohana Torres que remata en EU TAMÉN NAVEGAR. Cóntao no almorzo e a súa nai dille que ela pasaba o tempo de pequena lendo o dicionario e de maior traballou facendo un. Riron todos, pero a Sabela non lle pareceu un mal xogo nin un mal traballo.
Será por iso que a súa nai fala tan ben e tantas linguas? Será por iso que ela le tan ben? Sabela aínda lembra cando lle contaba contos e recitaba poemas. As súas amigas e amigos do colexio sempre querían que fose á súa clase contarlles historias ou recitarlles poemas. Houbo unha vez que fixeron un recital xuntas. Foi marabilloso. Ti recitaches algún poema?
E ti abres o dicionario algunha vez? Serve para buscar palabras e ir aprendendo o seu significado pouco a pouco. Non é aburrido, se buscas o xeito. Tamén hai moitos na rede, pero a Sabela gústanlle máis en papel.
Eu tamén navegar! Eu tamén expoñer! Eu tamén recitar!
Hai que coidar as palabras. Tamén conta como as dis e a posición do corpo.
Sabela espertou contenta. Onte a profesora faloulles de poemas, exposicións e dicionarios. A profesora leu un poema de Xohana Torres. A súa nai díxolle que de pequena pasaba tempo lendo o dicionario. De maior, traballou facendo un dicionario.
Sabela lembra cando a súa nai contaba contos e recitaba poemas. As amigas e amigos querían que ela contase ou recitase.
Ti recitaches algún poema?
Abriches o dicionario algunha vez? Serve para aprender palabras pouco a pouco.
Se o teu centro participa no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, podes usar a plataforma E-LBE, onde hai libros dixitais e audiolibros para todos os gustos.
Ollo, o audiolibro non é “poñelo e xa está”: escoitar ben require atención e concentración. Podes usalo como complemento do libro en papel ou dixital. É perfecto se tes dificultades visuais. Así que xa non hai escusa, lectura ao poder!
En E-LBE atoparás narrativa, teatro, poesía e libros de consulta perfectos para o Tempo de lectura ou para descubrires novas lecturas sen saír da clase ou da casa.
Lembra que tamén tes Galiciale da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, nela podes atopar múltiples recursos.
Para que poidas mellorar a túa habilidade e potencia lectora podes realizar o desafío poético.
O desafío consiste en ler un libro de poesía que te atrape e che esperte emocións, reflexións ou outras maneiras de ver o mundo. Pode tratar temas diversos como a amizade, o amor, a natureza, os soños, os medos ou as experiencias da vida cotiá.
Escolle un poemario que che resulte interesante e déixate levar polas palabras e os sentimentos que transmite. Anota os versos que máis che gusten ou que che suxiran un significado especial.
Ao rematares, comparte co grupo as túas impresións e recomenda algún dos poemas ou versos que máis che gusten.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0