Saltar navegación

4. Sen medo a voar

 

Glosario

Lista de cotexo

Lista

Definición:

Unha lista de cotexo é un instrumento de avaliación que serve para comprobar se se cumpren ou non determinados requisitos.

Exemplo:

A profesora utilizou unha lista de cotexo para verificar se o traballo incluía todas as partes obrigatorias.

Rúbrica

Pictograma dunha lista de control

Definición:

Unha rúbrica é instrumento de avaliación que describe os criterios cos que se valora unha tarefa e os distintos niveis de logro para cada criterio.

Exemplo:

A profesora empregou unha rúbrica para avaliar o noso sketch de maneira xusta e clara. 

O noso voo colectivo

Agora tócache crear, atreverte e voar en grupo.Imaxe dunhas nenas voando con ás de cartón sobre un escenario cun ceo rosa co sinal do feminismo

Todo o que aprendiches sobre Ícaras, sobre o medo,

a liberdade, a igualdade e a voz propia

vai converterse nunha peza teatral colectiva.

O teatro será o noso espazo seguro: aquí ninguén voa só,

Todas e todos temos dereito a probar, caer e volver erguer as ás.

Lectura facilitada

Agora tócache a ti crear e atreverte.

Atréveste a voar en grupo?

Todo o que aprendiches vaise converter nunha obra de teatro.

Unha obra de teatro colectiva, feita entre todas e todos.

Dáste conta de que aprendiches moito?

Aprendiches sobre Ícaras e sobre o medo.

Aprendiches sobre a liberdade e a igualdade.

Tamén aprendiches o que significa ter voz propia.

Pois todo isto que aprendiches se vai converter nunha peza teatral.

E o teatro será un espazo seguro para voar.

Ninguén voará só.

Todas e todos temos dereito a probar.

Tamén temos dereito a caer e a volver erguer as ás.

Que tedes que facer?

Agora tócavos presentar, en grupo e diante de todo o grupo, a vosa vosa creación final.

Esta creación pode ser unha escena teatral, un vídeo, unha lectura dramatizada, unha colaxe, un podcast, unha exposición visual ou outra proposta creativa que decidades colectivamente.

📌 Importante:

Non se trata só de “actuar” ou de “ensinar algo bonito”, senón de comunicar unha idea, unha emoción ou unha reflexión sobre o que significa voar sen medo a caer.

Lectura facilitada

E agora presentaredes a vosa creación final en público.

Presentarédela todo o grupo.

Esta creación final pode ser unha escena teatral.

Tamén pode ser un vídeo ou unha lectura dramatizada.

Mesmo outra proposta creativa como un collage ou unha exposición.

📌 Lembrade que non se trata só de “actuar”.

Tampoco se trata só de ensinar algo bonito.

Trátase de comunicar unha idea.

Trátase de comunicar unha emoción.

E trátase de reflexionar sobre o que significa voar.

E sobre o que significa non ter medo a caer.

Que tes que ter en conta?

É importante que saibas como se vai avaliar este sketch e cales serán os elementos que se valorarán.

Na fase 4.2 atoparás unha rúbrica de avaliación para que cada un dos grupos poida avaliar o propio sketch. De todos os xeitos, como é ben que cada alumna e alumno, individualmente ou en grupo, lle bote un ollo antes de empezar, tamén tedes unha copia a continuación:

Rúbrica avaliación sketch fase 4.2

Reparade en que se vai valorar directamente o contido do sketch, a calidade da lingua galega durante a vosa representación, a capacidade de coordinación grupal que demostredes nos ensaios e, finalmente, a posta en escena, é dicir, que se demostre o traballo previo enriba do escenario (ou na clase ou no patio, é unha maneira de falar!).

Tede isto en conta e... a ensaiar!

Lectura facilitada

O sketch que ides facer vaise avaliar.

Antes de empezar é importante que saibas como se vai avaliar.

Tamén tes que ter en conta que elementos se van valorar.

A rúbrica está na fase 4.2.

É importante que a mires antes de empezar a traballar.

Por iso tamén hai unha copia da rúbrica aquí.

Así podes mirala antes.

Tamén a podes ver xunto coas túas compañeiras e os teus compañeiros.

Vaise valorar:

  • o contido do sketch
  • a calidade da lingua galega durante a representación
  • a coordinación que demostredes nos ensaios
  • a posta en escena

Tede isto en conta e... a ensaiar!

Farédelo xenial!

Para facérdelo xenial, seguide estas indicacións:

  • Pensade ben en que queredes contar.
  • Revisade o guión: ten todos os elementos propios do teatro?
  • Falade para que se vos entenda e coidade a pronuncia.
  • Ademais de coidar a lingua oral, coidade tamén o texto escrito: revisade a ortografía e a gramática!
  • Traballade en grupo e procurade coordinarvos ben durante os ensaios.
  • Compartide as vosas propostas coas compañeiras e cos compañeiros.
  • Facede críticas construtivas: o resultado será bo para todas e todos!
  • Aceptade tamén as suxestións de mellora que vos fagan, trátase de aprender en grupo!

Lectura facilitada

Facede isto para que o sketch vos saia xenial:

  • Pensade ben no que queredes contar.
  • Revisade o guión.
  • Falade devagar e pronunciando ben.
  • Revisade tamén o texto escrito.
  • Colaborade entre todas as persoas do grupo.
  • Dicide o que se pode mellorar.
  • Respectade todas as opinións.

Trátase de aprender en grupo!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)