Glosario
Creación colectiva
-
Definición:
-
Unha creación colectiva é unha produción artística que creamos entre todas e todos e que non sería posible sen as achegas de todas as persoas que participaron nela.
-
Exemplo:
-
O teatro é a creación colectiva por excelencia: é imposible que unha soa persoa poida levar a cabo unha representación enteira!
Crítica construtiva

-
Definición:
-
Unha crítica construtiva é un exercicio de reflexión no que se destacan tanto os elementos positivos coma os elementos negativos, e que se fai para axudar a mellorar.
-
Exemplo:
-
Fixéronnos unha crítica construtiva que nos axudou a mellorar moito as seguintes representacións.
Dicción
-
Definición:
-
A dicción é a capacidade de falar coidando a pronuncia e a velocidade das palabras que dicimos para que se nos entenda ben.
-
Exemplo:
-
Dá gusto escoitar esa actriz cando actua: coida moito a dicción e enténdeselle moi ben!

