Que tipo de historia estou lendo?

Imos traballar en grupos cun reto teatral!
Cada grupo recibirá un fragmento moi curto dunha obra diferente:
- unha escena de comedia
- unha escena de traxedia
- un diálogo adaptado de O principiño (peza didáctica)
- unha escena de Ícaras (drama actual)
Lectura facilitada
Agora traballaremos por grupos.
Faremos un reto teatral!
Cada grupo recibirá un fragmento dunha obra.
Un fragmento é un anaco dun texto.
Estes fragmentos serán distintos.
Haberá unha escena de comedia.
Haberá unha escena de traxedia.
Haberá un diálogo adaptado d'O Principiño.
Haberá unha escena de Ícaras.
Lembra que O Principiño é unha obra didáctica, que quere ensinar algo.
E lembra que Ícaras é un drama da nosa época.
Audio
Que teño que facer?
Le en voz alta o fragmento para meterte na escena.
Comenta no grupo:
- Que emocións transmite?
- Quen fala? Como son os personaxes?
- É serio, divertido, reflexivo…?
- Decidide a que tipo de obra pertence: traxedia, comedia, drama ou peza didáctica.
- Explicade por que escolles ese subxénero.
O obxectivo é descubrir xuntas e xuntos como funcionan os textos teatrais e aprender a identificar os seus tons e características… coma verdadeiros críticos e críticas de teatro!
Lectura facilitada
Agora tes que ler o fragmento en voz alta.
Lelo en voz alta serve para coñecer a escena e meterse nela.
Despois de lelo, responde co teu grupo as seguintes preguntas:
Que emocións transmite o que liches?
Quen fala nese anaco?
Como son os personaxes que aparecen?
É un fragmento serio?
É un fragmento divertido?
É un fragmento que serve para pensar?
A que tipo de obra pertence?
É un fragmento dunha traxedia?
É un fragmento dunha comedia?
É un fragmento dun drama?
É un fragmento dunha obra didáctica?
Explicade por que pertence a un deses subxéneros.
O obxectivo desta actividade é descubrir como funcionan os textos teatrais.
Outro obxectivo é coñecer como é cada un deses tipos de texto.
O máis bonito é descubrilo xuntas e xuntos!
Con todo o que aprendiches xa sabes moitísimo sobre teatro!
Coma se foses unha crítica ou un crítico teatra!
