Saltar navegación

4.1 Xa está?

Voamos?

Reto Final

Crea un sketch que formará parte da obra colectiva
“Ícaras: voa sen medo a caer”

Podes facelo en diferentes formatos: 

Representación teatral

Unha representación teatral consiste en levar un texto ou unha idea ao escenario mediante a interpretación de personaxes, usando o corpo, a voz, o xesto e o movemento diante dun público.

Para realizala:

  • Decide que historia, escena ou mensaxe vas representar.
  • Reparte os papeis e ensaia a interpretación.
  • Coida a voz, os xestos e a expresión corporal.
  • Podes empregar elementos sinxelos de atrezzo, vestiario ou música.

Aquí podes ver un exemplo:

Vídeo ou vídeo-performático (con croma se queredes)

Un vídeo-performático é unha peza audiovisual curta na que se combinan interpretación corporal, xestos, movemento, voz, música ou imaxes para expresar unha idea, emoción ou mensaxe. Non é necesario contar unha historia completa nin falar todo o tempo: o importante é comunicar a través da acción e da expresión.

Para realizalo:

  • Decide unha idea ou emoción que queiras transmitir.
  • Pensa como expresala co corpo, a voz, o espazo ou a música.
  • Grava o vídeo (pode ser sinxelo, cun móbil).
  • Coida que a mensaxe se entenda, aínda que non haxa diálogo.

Lectura dramatizada con son ou podcast

Unha lectura dramatizada con son ou un podcast é unha gravación de audio na que se le un texto interpretándoo, usando a voz para expresar emocións, intencións e significados. Pode incluír música, efectos sonoros ou silencios para crear ambiente.

Para realizalo:

  • Escolle o texto e reparte as voces (narrador/a, personaxes…).
  • Practica a entonación, o ritmo e as pausas.
  • Engade, se queres, sons ou música que axuden a comprender a mensaxe.
  • Grava o audio nun lugar tranquilo e con boa dicción.

Aquí podes ver un exemplo:

Collage audiovisual

Un collage audiovisual é unha peza creativa que combina imaxes, vídeos, sons, música e texto para expresar unha idea, unha reflexión ou unha emoción.

Para realizalo:

  • Escolle unha mensaxe ou tema central.
  • Recolle imaxes, fragmentos de vídeo, sons ou palabras que a representen.
  • Une todo nunha montaxe curta e coherente.
  • Coida a orde, o ritmo e o sentido do conxunto.

Lectura facilitada

Reto Final

Crea un sketch.

Este sketch formará parte da obra colectiva.

A obra chamarase “Ícaras: voa sen medo a caer”.

Podédelo facer nos formatos que vos explicamos a continuación.

Representación teatral

Nunha representación teatral os personaxes representan un texto no escenario.

Usan o corpo, a voz e o movemento.

Representan unha obra en público.

Para realizala:

  • Queres representar unha historia ou unha escena?
  • Reparte os papeis da obra.
  • Ensaia a interpretación.
  • Coida a voz, os xestos e a expresión corporal.
  • Podes empregar algunha peza de roupa ou unha música.

Aquí podes ver un exemplo:

Centro Dramático Galego. Trailer da serie clopen. (Licenza estándar de YouTube)

Vídeo ou vídeo-performático (con croma se queredes)

Un vídeo-performático é unha vídeo curto.

Nste vídeo hai que combinar o movemento corporal con imaxes.

Tamén se lle pode poñer música.

Non é necesario falar todo o tempo.

Tampouco é necesario contar unha historia completa.

O importante é comunicar a través da expresión.

Para realizalo:

  • Que idea queres transmitir?
  • Que emoción queres transmitir?
  • Que vas facer co corpo?
  • Vas falar?
  • Vas poñer música?
  • Grava o vídeo.
  • Coida que a mensaxe se entenda.
  • Non fai falta que haxa diálogo.

Lectura dramatizada con son ou pódcast

Unha lectura dramatizada é unha gravación de audio con son.

Tamén se lle chama pódcast.

Nesta gravación hai que ler un texto falando coma no teatro.

Úsase a voz para expresar emocións.

Pódese incluír música ou efectos sonoros.

Para realizalo:

  • Escolle o texto e reparte as voces.
  • Quen vai ser a narradora ou o narrador?
  • Quen van ser os personaxes?
  • Practica a entoación, o ritmo e as pausas.
  • Podes engadir sons ou música.
  • Grava o audio nun lugar tranquilo.
  • Coida a pronuncia e fala para que se che entenda.

Aquí podes ver un exemplo:

Diego Ricón. As pitas baixo a choiva (Licenza estándar de YouTube)

Collage audiovisual

Un collage audiovisual é unha peza creativa con imaxes e sons.

Tamén pode haber música e texto.

Trátase de expresar unha idea ou unha reflexión.

Tamén é importante emocionar.

Para realizalo:

  • Escolle un tema ou unha idea.
  • Recolle imaxes e sons que representen o tema ou a idea.
  • Podes recoller tamén fragmentos de vídeo ou palabras.
  • Une todo nunha montaxe curta.
  • Coida a orde e o ritmo.
  • Comproba que teña sentido.

O importante non é o formato, senón a mensaxe e o traballo en equipo.

Paso 1 

Organizámonos para voar xuntas e xuntos

Antes de despegar, temos que saber quen fai que cousas. Nun voo colectivo, todas as persoas son necesarias.

  •  Formade o voso grupo.
  •  Falade e escollede os roles segundo o que mellor se vos dea facer (podedes combinar varios):

✍️ Guión e textos
🎭 Interpretación
🎶 Música, son ou efectos
🎥 Gravación e edición
🎨 Escenografía, atrezzo ou deseño visual
🗣️ Narración ou voz en off


Non hai roles mellores ca outros: todos fan posible o voo.

Paso 2

Escribimos a nosa escena

Agora imos poñer palabras ao que sentimos. A vosa escena ten que dicir algo importante.
Creade unha escena orixinal a partir de:

  • Fragmentos de Ícaras traballados na aula
  • Ideas do voso diario de aprendizaxe

Preguntas como:

  • Que nos fai sentir libres?
  • Que nos dá medo?
  • Que nos impide voar?
  • Que pasa cando alguén se atreve?

A escena debe:

  • Ter unha mensaxe clara
  • Tratar temas como liberdade, medo, igualdade ou respecto
  • Empregar linguaxe inclusiva e non discriminatoria

Paso 3

Dámoslle forma teatral

O teatro non é só falar. O teatro precisa tamén de xestos, silencios, movemento e emoción.

O guión debe incluír:

  • Diálogos claros
  • Anotacións sinxelas (que fan os personaxes, como falan, que pasa no espazo)
  • Algún aparte ou momento especial

Escribide con:

  • Frases curtas
  • Linguaxe clara
  • Boa puntuación

Pensade en que se entenda ben, non en escribir complicado.

Paso 4

Ensaiamos e expresamos co corpo

Voar tamén é usar o corpo, a voz e o que sentimos por dentro.

  • Ensaiade a escena incorporando:
    • Voz (volume, ritmo, emoción)
    • Xestos e movementos
    • Música, sons ou silencios
    • Obxectos simbólicos ou cores

  • Se o precisades, poderedes empregar:
    • Apoios visuais
    • Pictogramas
    • Guións adaptados
    • Axuda do profesorado

 Cada persoa participa ao seu xeito, pero todas participan.

Paso 5

Montamos a obra colectiva

Cada escena é unha á. Xuntas forman o voo.

  • Todas as escenas uniranse nunha soa peza coral:
    “Ícaras: voa sen medo a caer”
  • A obra mostrará diferentes formas de voar:
    • A liberdade de ser quen es
    • A igualdade entre persoas
    • O valor de atreverse
    • O poder da palabra e do grupo

A vosa escena é parte dun todo: o teatro convértese nunha voz colectiva.

Lectura facilitada

O importante non é o formato.

O importante é a mensaxe e o traballo en equipo.

Paso 1 

Organizámonos para voar xuntas e xuntos

Antes de despegar hai que repartir as tarefas.

Nun voo colectivo todo o mundo é necesario!

  • Formade o voso grupo.
  • Falade e escollede os roles.
  • Pensade quen pode facer mellor cada papel.

✍️ Guión e textos
🎭 Interpretación
🎶 Música, son ou efectos
🎥 Gravación e edición
🎨 Escenografía, atrezzo ou deseño visual
🗣️ Narración ou voz en off


Non hai roles mellores ca outros.

Todo o mundo fai posible o voo!

Paso 2

Escribimos a nosa escena

Agora imos poñer palabras ao que sentimos.

A vosa escena ten que dicir algo importante.

Creade unha escena orixinal:

  • Collede fragmentos de Ícaras.
  • Collede ideas do voso diario de aprendizaxe.

Estas preguntas axudaranvos:

  • Que nos fai sentir libres?
  • Que nos dá medo?
  • Que nos impide voar?
  • Que pasa cando alguén se atreve?

Pensade no que ten que ter a escena:

  • Ten que ter unha mensaxe clara.
  • Ten que falar de liberdade ou de medo.
  • Tamén ten que falar de igualdade ou respecto
  • Hai que falar con linguaxe inclusiva e non discriminatoria.

Paso 3

Dámoslle forma teatral

O teatro non é só falar.

No teatro tamén hai xestos e silencios.

No teatro tamén hai movemento e emoción.

O guión debe incluír:

  • Diálogos claros
  • Indicacións do que fan os personaxes.
  • Indicacións de como falan os personaes.
  • Indicacións do que pasa no escenario.

Escribide con:

  • Frases curtas
  • Linguaxe clara
  • Boa puntuación

Non hai que facelo complicado.

Hai que facelo para que se entenda ben.

Paso 4

Ensaiamos e expresamos co corpo

Voar tamén é usar o corpo e a voz.

Voar é expresar o que sentimos por dentro.

  • Introducide os seguintes elementos na escena:
    • Voz (volume, ritmo, emoción)
    • Xestos e movementos
    • Música, sons ou silencios
    • Obxectos simbólicos ou cores

  • Se o precisades, poderedes empregar:
    • Apoios visuais
    • Pictogramas
    • Guións adaptados
  • Contade coa axuda do profesorado

O importante é que todo o mundo participe.

Cada persoa participa ao seu xeito.

Paso 5

Montamos a obra colectiva

Cada escena é unha á.

Todas as escenas forman o voo.

  • Todas as escenas uniranse nunha soa peza.
  • A peza titularase “Ícaras: voar sen medo a caer”
  • A obra mostrará:
    • A liberdade de ser quen es
    • A igualdade entre persoas
    • O valor de atreverse
    • O poder da palabra e do grupo

Todo isto demostra que hai diferentes formas de voar.

A vosa escena forma parte da obra.

O teatro convértese nunha voz colectiva.

Lista de cotexo

Completa a lista de cotexo marcando as casas correspondentes ás actividades rematadas.

%E9%B0%E6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%D1%FD%E6%F7%F8%FD%B0%BE%B0%FB%F6%B0%A8%B0%A0%A2%A0%A7%A3%A0%A3%A5%A0%A2%A0%AB%A7%AA%BF%A4%A2%B0%BE%B0%E6%FB%E6%FE%F7%B0%A8%B0%D7%E1%E6s%FF%FD%FE%FD%B2%F4%F3%F1%F7%FC%F6%FD%B2%F0%F7%FC%AD%B0%BE%B0%E1%E7%F0%E6%FB%E6%FE%F7%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FE%F7%E4%F7%FE%E1%B0%A8%C9%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%D7%FC%E6%F7%FC%F6%7F%FC%B2%F0%F7%FC%B2%F3%B2%FF%F7%FC%E1%F3%EA%F7%B2%E2%E0%FB%FC%F1%FB%E2%F3%FE%B2%F6%FD%B2%E3%E7%F7%B2%E1%F7%B2%E2%E0%F7%E1%F7%FC%E6%FD%E7%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%D3%B2%FB%FC%E6%E0%FD%F6%E7%F1%FBa%FC%B2%F3%EA%E7%F6%FD%E7%FF%F7%B2%F3%B2%E1%F3%F0%F7%E0%B2%E3%E7%F7%B2%FB%F3%FF%FD%E1%B2%E4%F7%E0%B2%FD%E7%B2%F7%E1%F1%FD%FB%E6%F3%E0%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%D3%B2%FB%F6%F7%F3%B2%F6%F7%B2%u208E%E4%FD%F3%E0%B2%E1%F7%FC%B2%FF%F7%F6%FD%B2%F3%B2%F1%F3%F7%E0%u208F%B2%F3%E2%F3%E0%F7%F1%F7%B2%F6%F3%FE%F5h%FC%B2%EA%F7%FB%E6%FD%B2%FC%F3%B2%F1%E0%F7%F3%F1%FBa%FC%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%D3%B2%E4%FD%E8%B2%BD%B2%FD%B2%F3%E7%F6%FB%FD%B2%BD%B2%F3%B2%F7%EA%E2%E0%F7%E1%FBa%FC%B2%F4%FD%FB%B2%F1%FE%F3%E0%F3%B2%F7%B2%F4s%F1%FB%FE%B2%F6%F7%B2%F7%FC%E6%F7%FC%F6%F7%E0%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%DC%FD%E6%FD%E7%E1%F7%B2%E3%E7%F7%B2%FD%B2%F5%E0%E7%E2%FD%B2%E6%E0%F3%F0%F3%FE%FE%FD%E7%B2%F7%FC%B2%F7%E3%E7%FB%E2%FD%B2%F7%B2%F1%FD%FE%F3%F0%FD%E0%FD%E7%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%D3%B2%F1%E0%F7%F3%F1%FBa%FC%B2%F4%7F%EA%FD%FF%F7%B2%E1%F7%FC%E6%FB%E0%B2%F3%FE%F5%FD%B2%FD%E7%B2%E2%F7%FC%E1%F3%E0%B2%FC%F3%FE%F5h%FC%B2%E6%F7%FF%F3%B2%FB%FF%E2%FD%E0%E6%F3%FC%E6%F7%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%C0%F7%E1%E2%F7%F1%E6s%E0%FD%FC%E1%F7%B2%F3%E1%B2%F6%FB%F4%F7%E0%F7%FC%E8%F3%E1%B2%F7%B2%E6%E0%F3%FC%E1%FF%FB%E6%FB%E7%E1%F7%B2%E7%FC%FA%F3%B2%FF%F7%FC%E1%F3%EA%F7%B2%FB%FC%F1%FE%E7%E1%FB%E4%F3%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%CF%BE%B0%FA%F3%E1%DE%FD%F5%FD%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E7%E0%FE%DE%FD%F5%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FA%F3%E1%D1%FD%FF%FF%E7%FC%FB%E6%EB%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E7%E0%FE%D1%FD%FF%FF%E7%FC%FB%E6%EB%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FA%F3%E1%D6%F7%F1%FD%E0%F3%E6%FB%E4%F7%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%E7%E0%FE%D6%F7%F1%FD%E0%F3%E6%FB%E4%F7%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%F7%EA%F3%FF%F7%BC%E2%FC%F5%B0%BE%B0%E1%F3%E4%F7%D6%F3%E6%F3%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%E7%E1%F7%E0%D6%F3%E6%F3%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%F4%FD%FD%E6%F7%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E1%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%FF%E1%F5%E1%B0%A8%E9%B0%FF%E1%F5%D1%FD%FF%E2%FE%FB%E6%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D6%FD%FC%F7%B0%A8%B0%D4%F7%FB%E6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%C2%E0%FD%F5%E0%F7%E1%E1%B0%A8%B0%D7%FC%B2%E2%E0%FD%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F7%F6%B0%A8%B0%DC%FD%FC%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%E6%F3%E1%F9%DC%E7%FF%F0%F7%E0%B0%A8%B0%DCh%FF%F7%E0%FD%B2%F6%F7%B2%E6%F3%E0%F7%F4%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%F3%FF%F7%B0%A8%B0%DC%FD%FF%F7%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D6%F3%E6%F7%B0%A8%B0%D6%F3%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F3%E4%F7%B0%A8%B0%D6%F7%E1%F1%F3%E0%F5%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FB%E1%E6%B0%A8%B0%FE%FB%E1%E6%F3%CD%F6%F7%CD%F1%FD%E6%F7%EA%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%E2%E7%FC%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FD%FB%FC%E6%B0%A8%B0%E2%E7%FC%E6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C0%F7%F0%FD%FD%E6%B0%A8%B0%C0%F7%FB%FC%FB%F1%FB%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D6%F7%FE%F7%E6%F7%B0%A8%B0%C3%E7%F7%E0%F7%B2%FE%FB%FF%E2%F3%E0%B2%E6a%F6%FD%FE%FD%E1%B2%F1%F3%FF%E2%FD%E1%AD%B0%EF%EF
Navegador non compatible
Decorative

Feito con eXeLearning (Nova xanela)