Lembras que xa saíras á escena?
Tes boa memoria ou es desas persoas que a media mañá xa non lembra o que almorzou?
Ímosche axudar!
Se en 1º da ESO empregastes os recursos educativos abertos do Proxecto cREAgal, seguramente che soará esta imaxe, que era a portada do último REA do curso, titulado A vida é puro teatro.

O reto que se propuña no REA A vida é puro teatro era o de representar, por grupos, cada un dos lances da obra Os vellos non deben de namorarse, de Castelao.
Durante as distintas fases do reto aprendestes a ler teatro, a adaptar a obra para podérdela representar e mesmo a deseñar todos os elementos propios dunha obra de teatro, como o vestiario ou os decorados.
Empézache a soar?
Lectura facilitada
Es unha persoa con boa memoria?
Ou esqueces as cousas moi rápido?
Lembras o que almorzaches hoxe?
Nós axudarémosche a facer memoria.
Quizais en 1º da ESO empregastes os recursos do proxecto cREAgal.
Se os usastes, soarache esta imaxe.
Estas máscaras de teatro clásico eran a portada do último REA do curso.
Ese REA titulábase A vida é puro teatro.
Nese REA propúñase representar unha obra de teatro.
A obra era Os vellos non deben de namorarse, de Castelao.
Antes de representar esa obra aprendestes varias cousas.
Primeiro aprendestes a ler teatro e despois aprendestes a montar un espectáculo teatral.
Tivestes que montalo todo vós, desde o vestiario ata os decorados!
Agora xa sabes de que che falamos?