Saltar navegación

5. Análise de resultados

[TELEGRAMA ENTRANTE: Bip, bibi-bip, bip, bibi-bip, bip, biiiip...]

Impresora cun telegrama da Axencia da S.A.U.D.E

Axente, como vai?

Agora que rematou a batalla é tempo de valorar, reflexionar e mirar ao futuro. Nesta fase:

  • Valorarás o éxito do combate contra Sedentor e a túa contribución a el.
  • Farás un repaso visual de todo o que aprendiches ao longo da túa estancia na Axencia S.A.U.D.E.
  • Reflexionarás sobre a utilidade do aprendido e a posible transferencia a outras situacións da vida cotiá.

Toda esta información axudará aos nosos preparadores de axentes, que queren saber como viviches o proceso. Tamén che axudará a ti, para sacar as túas propias conclusións sobre que tan bo axente fuches.

Foi un pracer contar contigo! Despídome ata a próxima emerxencia mundial!

Un saúdo,

Vittalo Motore.

[FIN DA TRANSMISIÓN]

Lectura facilitada

REMATOU A BATALLA

Ola, Axente!

Rematou a batalla e agora é tempo de valorar. Valorarás o éxito do combate contra Sedentor e a túa contribución a el:

  • Farás un repaso de todo o aprendido estes días.
  • Reflexionarás sobre a importancia do aprendido.
  • Pensarás en como usar o aprendido na vida real.

Toda esta información axudará a saber viviches o proceso. Tamén che axudará a ti, para saber se fuches un bo axente.

Foi un pracer contar contigo! Despídome ata a próxima emerxencia mundial!

Un saludo,

Vittalo Motore.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)