Mensaxe do Doutor Vittalo Motore
[TELEGRAMA ENTRANTE: Bip, bibi-bip, bip, bibi-bip, bip, biiiip...]

Son o Doutor Vittalo Motore.
Se recibiches este telegrama é porque o equipo de elite da nosa Axencia decidiu que eras unha persoa indicada para este traballo.
Os datos que nos chegan son alarmantes: a saúde mundial está en risco vermello!
Estás a piques de coñecer o teu primeiro e máis importante reto deste curso: frear a gran pandemia do século XXI... o sedentarismo. Para iso, dámosche a benvida á Axencia S.A.U.D.E. (xa falaremos máis adiante dela).
Prepárate Axente, porque esta aventura non é para calquera. O primeiro paso é coñecer a fondo o terreo... Imos alá!
Atentamente,
V. Motore.
[FIN DA TRANSMISIÓN]
Lectura facilitada
MENSAXE DE VITTALO MOTORE
Vittalo Motore é o xefe da Axencia S.A.U.D.E.
Vittalo Motore escribiu unha mensaxe en forma de telegrama para ti.
O TELEGRAMA
A Axencia S.A.U.D.E quere contar contigo para unha misión secreta.
A misión consiste en salvar o mundo do sedentarismo.
O causante desta situación é un monstro chamado Sedentor.