Glosario
Exercicio físico
Definición:
-
É a actividade física planificada, estruturada e repetitiva que nos permite mellorar a nosa condición física
-
Exemplo:
-
Hoxe vou facer algo de exercicio físico con meu equipo de voleibol
Inactividade física
Definición:
-
É o movemento corporal que non chega ás recomendacións mínimas para considerarse saudable
-
Exemplo:
-
Non son sedentario porque non paso o día sentado, pero si inactivo fisicamente porque non fago máis que 1 hora de actividade física á semana
Saúde
Definición:
-
É o estado de benestar físico, mental e social e non só a ausencia de enfermidades
-
Exemplo:
-
Grazas a que fago actividade física teño unha boa saúde
Sedentarismo
Definición:
-
É a situación onde as persoas pasan maioría do tempo sentadas ou tumbadas facendo moi pouca actividade física
-
Exemplo:
-
Teño que evitar o sedentarismo polo que vou ir camiñar unha hora pola praia cada día nesta semana
igo ao que nos enfrontamos: O Sedentor.