Saltar navegación

2.1. Preparámonos para a actividade

 

Glosario

Mobilidade articular

Persoa facendo un estiramento Definición:

É a capacidade do noso sistema óseo e articular de moverse en todo o seu rango de amplitude.

Exemplo:

Son capaz de agarrar as miñas máns por detrás da cabeza porque teño boa mobilidade articular nos ombros.

Temperatura corporal

termostato que vai de frio a calorDefinición:

É a temperatura a que está o noso corpo e que debe estar entre 35,5 e 37 grados.

Exemplo:

Co quecemento aumentamos a nosa temperatura corporal a 38 grados.

Lembra por que é importante quentar

Xa desde a etapa da educación primaria e despois en 1º ESO traballaches con este importante contido como é o quecemento. Xa sabes como debes actuar antes de iniciar calquera actividade física, pero nunca vén de máis repasar este contido.

O Sedentor busca que non poidamos facer exercicio, ben a través da preguiza ou da falta de enerxía, ben lesionándonos. Unha das maneiras máis importantes para evitar caer na lesión é facer un bo e progresivo quecemento. Non o deixes nunca de lado. Nunca te lesionas...ata que te lesionas. Non te deixes atrapar pola falta dunha boa preparación para a actividade física

Lectura facilitada

Xa traballaches co quecemento durante a túa etapa escolar

Un bo quecemento é imprescindible antes de facer exercicio

Un bo quecemento permite previr lesións. Se nos lesionamos por non quentar o Sedentor gañará  a batalla

Importancia dun bo quecemento

Recorda que un bo quecemento vai permitir:

  • Mellora da atención e da velocidade de reacción: Permítenos concentrarnos para a actividade e estar preparados ante os estímulos que aparezan.
  • Movemento máis eficiente: Coa musculatura preparada axeitadamente o movemento será máis preciso e non nos custará tanto.
  • Aumenta a temperatura corporal: Sempre é beneficioso entrar en calor para que o corpo funcione mellor.
  • Aumenta o rango articular: As nosas articulacións vanse mover máis e mellor xa que uns músculos quentes van permitir maior rango articular.
  • Prevén lesións: Un adecuado quecemento axuda a previr lesións musculo-esqueléticas.

Lectura facilitada

Recorda que un bo quecemento vai permitir:

Estar máis atentos e preparados para a actividade.

Ser capaz de conseguir mellor resultado con menos esforzo.

Aumenta a temperatura corporal.

Aumenta o movemento das nosas articulacións.

Prevén lesións.

Como ten que ser un bo quecemento

Existen moitas maneiras de quentar, pero sempre debería ser organizado para non esquecer nada:

  • Facer exercicios de mobilización das articulacións, sobre todo de nocello, cadeira, raquis torácico e ombros.
  • Facer exercicios de equilibrio e estabilización de pés, xeonllo, raquis lumbar e pescozo.
  • Facer exercicios de carreira para aumentar a temperatura corporal e mellorar a coordinación.
  • Facer exercicios de potenciación para chegar ben preparados á tarefa principal.
  • Facer algunha actividade que nos achegue ao xogo que imos xogar. Esto chámase quecemento específico.

Lectura facilitada

Existen moitas maneiras de quentar, pero debemos:

Facer exercicios para mover as articulacións.

Facer exercicios de equilibrio.

Facer exercicios de carreira.

Facer exercicios de potenciación.

Facer algunha actividade  específica.

Fases do quecemento

Fase de Activación

É a primeira fase do quecemento onde mobilizamos e estabilizamos as diferentes articulacións do corpo.

Por exemplo facer 90/90 de rotación de cadeira.

Fase de Aumento da temperatura corporal

Consiste en facer diferentes tipos de desplazamentos coa idea de que suba a temperatura corporal e, polo tanto, as pulsacións

Un bo exemplo podería ser facer 5 minutos de carreiras variadas (adiante, atrás, lateral, con coordinación de brazos, etc.)..

Fase de Potenciación

Consiste en facer diferentes tipos de movementos máis rápidos e explosivos.

Un bo exemplo podería ser facer carreiras cos xeonllos altos ou progresións de velocidade.

Fase de Relaxación

Consiste en facer diferentes tipos de estiramentos (mellor dinámicos) para relaxarnos xusto antes do quecemento específico.

Un bo exemplo podería ser facer estiramentos con rebotes curtos para a musculatura dos adutores.

Quecemento específico

Consiste en facer diferentes tipos de xogos ou tarefas propias do deporte ou xogo que imos facer na parte principal.

Un bo exemplo podería ser facer uns pases co balón de baloncesto ou un xogo dos dez pases se despois imos xogar un partido de baloncesto.

Lectura facilitada

Fases do quecemento:

  1. Activación.
  2. Aumento da temperatura.
  3. Potenciación con diversos movementos.
  4. Relaxación.
  5. Quecemento específico.

Quentando...

Relaciona cada tarxeta coa súa parella.

{"typeGame":"Relaciona","author":"","randomCards":true,"instructions":"

Relaciona cada tarxeta coa súa parella.

","showMinimize":false,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"","x":0.910775875223094,"y":0.9145834692593279,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Activaci%C3%B3n%3A%20mobilidade%20articular","urlBk":"resources/quentar.png","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":""},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Aumento%20da%20temperatura%20corporal","urlBk":"resources/correr-2.png","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":""},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Relaxaci%C3%B3n%3A%20estiramentos%20activos","urlBk":"resources/educacion_fisica-2.png","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":""},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Potenciaci%C3%B3n%3A%20skipping","urlBk":"resources/skipping-2.png","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":""},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Xogo%20de%20quecemento","urlBk":"resources/xogo_das_4_esquinas.png","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":""}],"isScorm":1,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":true,"textAfter":"","version":1.3,"percentajeCards":100,"type":1,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":3,"evaluation":false,"evaluationID":"","id":"2025121520745-60","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayStart":"Preme aquí para xogar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgExitFullScreen":"Saír de pantalla completa","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comece a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Pódese realizar esta actividade tantas veces como se queira","msgClose":"Pechar","msgAudio":"Audio","msgNumQuestions":"Número de cartas","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","msgEndGameM":"Remataches o xogo. A túa puntuación é %s.","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Relaciona","msgCheck":"Comprobar","msgRestart":"Reiniciar"}}
01234
O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)