Misión a misión...
Axente, para cumprir coa misión deberás executar o noso Plan de Actuación ao pé da letra. Está dividido en cinco grandes fases, non saltes ningunha!

O PLAN [CONFIDENCIAL]
Fase 1: Coñecemento da ameaza
Nesta fase estamos agora mesmo. Aquí o obxectivo é claro: tes que informarte ben sobre a situación que estamos a vivir e coñecer ao inimigo ao detalle. So así poderás ser eficaz.
Fase 2: Revisión inicial
O Dr. Vittalo Motore necesita saber o teu punto de partida (fortalezas e debilidades). Porá a proba os teus coñecementos e habilidades iniciais.
Fase 3: Colección de insignias
A acción comeza no terreo! Nesta fase traballarás habilidades necesarias para combater os efectos do Sedentor. Con cada habilidade que mellores, obterás unha ferramenta que che axudará na batalla final (seguinte fase).
Fase 4: Batalla final
Traballarás individualmente e en equipo para finalizar o deseño da Guía de Supervivencia, escollendo o formato que queiras. Cando a teñas, estarás coa preparación necesaria para enfrontar ao mismísimo Sedentor na batalla final!
Fase 5: Análise de resultados
Toda misión remata cunha análise profunda do acontecido. Cumprimos os obxectivos? A poboación está a salvo? Melloramos como axentes? ... Estamos preparados para outra???
Lectura facilitada
Fases do proceso:
- Coñecer a ameaza.
- Repasar contidos.
- Facerse coas insignias de contidos.
- Batalla final contra o Sedentor.
- Analizar se se cumpriron os resultados.
