Saltar navegación

Improvisamos

Maquinando

Duración:
30
Agrupamento:
Ilimitado
ShootingBox. Bobby McFerrin solo concert VOCAbuLarieS, HD (CC BY-SA)

Resulta fascinante a capacidade de improvisación que pode ter unha persoa empregando soamente o seu propio corpo, verdade? Pois este é o caso de Bob McFerrin, músico e compositor de jazz que amosa unha habilidade extraordinaria para crear fermosas melodías en tempo real. En realidade niso consiste improvisar, en producir unha obra en calquera tipo de disciplina artística no momento e sen preparación previa. En ámbitos como o teatro, a poesía, a pintura, e sobre todo na música é un fenómeno moi común, que moitas veces non se explora por medo escénico ou simplemente rechazo. Nesta ocasión imos deixar atrás a vergoña para introducirnos no mundo da improvisación, pero non sen antes coñecer cales son os xéneros musicais que empregan este recurso de xeito habitual. Imos aló!

O JAZZ

Composición horizontal de jazz con personajes de dibujos animados planos de músicos con siluetas de sombras en el escenario
Macrovector. Composición horizontal de jazz (CC BY-SA)

As orixes deste xénero veñen marcadas por unha historia un tanto agridoce, xa que os seus comezos sitúanse a mediados do século XIX en Estados Unidos, e é un tipo de música relacionada cos cantos de traballo que realizaban os escravos no sur do país. As autoridades da época chegaron a prohibir este estilo musical, así que durante un período de tempo quedou relegado a pequenas manifestacións ocultas onde soamente empregaban as palmas e a voz. Pouco a pouco foi rexurdindo libremente e chegou a popularizarse en Nueva Orleans (Luisiana), dende onde se expandiu por todo o mundo da man de novos instrumentos e intérpretes que coñecemos hoxe en día. O jazz caracterízase principalmente pola improvisación, xeralmente en formacións de catro ou cinco instrumentistas que van establecendo quendas para o solista mentres os demais realizan o acompañamento musical. Nos seguintes audios podedes comprobar como pode soar unha mesma peza interpretada de distinto xeito; soamente o acompañamento, con trompeta solista e finalmente con trompeta e guitarra. Case nada!

Acompañamento (sen solista)
Claude Reid. Smooth Jazz Ballad no3 (CC BY-SA)
Base e 1 solista (trompeta)
Claude Reid. Smooth Jazz Ballad no3 (CC BY-SA)
Base e 2 solistas (trompeta e guitarra)
Claude Reid. :Smooth Jazz Ballad no3 (CC BY-SA)

O BLUES

Ilustración del concepto de banda de jazz
Storyset. Ilustración del concepto de banda de jazz (CC BY-SA)

O blues comparte, en certa forma, as mesmas orixes co jazz pero as súas raíces son diferentes. Orixínase novamente en Estados Unidos da man de escravos inmigrantes que traballaban nas plantacións de algodón do sur do país, pero desta volta cunha marcada cultura afroamericana. A base deste xénero é, en realidade, unha adaptación popular de cantos relixiosos mesturada con cancións de índole tradicional. Caracterízanse por un ritmo marcado e repetitivo, o que resulta ideal para o canto, estrutura sinxela e xeralmente as bandas contan con vocalista. Botádelle unha orella!

Colin Ross. Love In Vain Blues - Colin Ross Band (CC BY-SA)

Empregando o noso propio kazoo, e coa axuda dunhas bases musicais de acompañamento que teño preparadas para a ocasión, introducirémonos libremente no recurso da improvisación. Como o faremos? Pois moi sinxelo, simplemente picade no PLAY da pista de audio que máis vos guste e dade renda solta a vosa imaxinación. Podedes enfocar a actividade por parellas, deixando espazos de improvisación para cada un, en formato de gran grupo dispostos en roda ou mesmo de xeito individual. Como prefirades!

BASE  JAZZ
Artificial.Music. City Life (CC BY-SA)
Como sabedes, o estilo de improvisación no JAZZ é habitualmente tranquilo, facendo pausas para a respiración e sen necesidade de ocupar todo o espazo (deixando o acompañamento soar). Cada melodía que creamos debería ter un sentido completo, coma se dunha frase nun discurso se tratara, e distinguindo o comezo do final. Esta é a teoría, claro... a ver como vos resulta!
BASE BLUES
Alexander Nakarada. Degenerate Blues (CC BY-SA)
No BLUES o ritmo é algo máis marcado, poderiamos dicir que o acompañamento ten máis carácter. A súa estrutura é máis sinxela, xa que ten as partes ben diferenciadas. Improvísase xeralmente recurrindo a motivos repetitivos, pegañentos e que o público poida lembrar facilmente. Da mesma maneira, podedes deixar pequenos espazos entre as intervencións para tomar aire e darlle un poquiño ao coco!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)