Instrumentos con trompa!
TROMPETA
TROMBÓN
O trombón de varas (que así é o seu nome con apelidos) ocupa a segunda posición e podemos dicir que ten un rexistro intermedio. Xeralmente adoita empregarse como parte do acompañamento, xa que ten un son notable e ben asentado. O curioso deste instrumento é o sistema que emprega para producir o son, que ademais de ter pistóns para os dedos conta cun sistema de tubos que se estiran ou encollen de xeito manual.
TROMPA
A trompa é con seguridade o membro da familia que adoita pasar máis desapercibido. Como ten moita lonxitude de tubo, aínda que estea enroscado, produce un son moi profundo e intenso, empregado habitualmente para as bandas sonoras do cine. Cando a tocan, os músicos poden variar a afinación e modificar os matices do son introducindo a man dentro da súa campá.
TUBA
Por último e non menos importante, o integrante cun rexistro máis grave da familia de vento metal, a tuba. Debido ao seu tamaño (e peso), o habitual é tocala sentado/a, e produce un son... pois a verdade que bastante tranquilo e relaxante para o grande que é!
Como curiosidade, e tamén como regra mnemotécnica, podemos relacionar os instrumentos da familia de vento metal cos... elefantes. Semella unha tolería, verdade? Pois nada máis lonxe da realidade! O que teñen en común estes fermosos animais e os instrumentos deste tipo é a trompa! O certo é que, bromas a parte, case todos os integrantes da familia comezan polas letras "TROM" acompañadas do resto da palabra. E agora que xa coñecedes esta valiosa pista, imos a descubrir de qué instrumentos se trata!
INSTRUCIÓNS
Na seguinte actividade deberedes ordenar os instrumentos máis habituais que compoñen a sección de vento metal da orquestra sinfónica. Para logralo, afondaremos en identificar o seu rexistro (se é agudo ou grave), traballando novamente coa altura e o timbre como calidades do son. Cada instrumento será amosado en formato de imaxe e son, polo que podedes visualizar e escoitalo se o precisades. Comezaremos colocando, de esquerda a dereita, o que ten un rexistro máis agudo para rematar finalmente co que presenta un rexistro máis grave. Lembrade que o tamaño adoita influír directamente no rexistro do instrumento. Cando rematedes, picade en COMPROBAR para obter a puntuación, e agardade a que apareza a explicación completa de cada instrumento. O tempo límite para completar a tarefa é de dez minutos, máis que dabondo!
No seguinte vídeo podedes observar a diferenza entre o trombón e a trompeta, e prestar especial atención ao xeito que teñen de colocar a embocadura para conseguir vibrar os beizos e que soe o instrumento. Lembrade que na familia de vento metal a boquilla non conta cunha palleta, polo que as vibracións as teñen que orixinar os propios músicos empregando este sistema. Algo que require moita práctica!